Instrucións: Como empregar esta aula virtual

Esta é a aula virtual para alumnado de Antonio Lago. A maioría do material publicado aquí está aberto para o seu uso xeral, pero só poderá interactuar (enviar tarefas e ser cualificado, escribir no foro, etc.) na aula o alumnado matriculado e verificado polo profesor.

Empregar esta aula virtual é moi sinxelo. Non hai nomes de usuario nin contrasinais. As identificacións realizanse mediante a túa conta de Google (Gmail) ou Microsoft (Live, xbox, hotmail, etc.)

O procedemento é o mismo para rexistrarse (a primeira vez que accedes) que para o uso diario.

Primeiro abre o teu correo electrónico e esta aula virtual en pestanas diferentes. Recorda que cando uses ordenadores públicos debes empregar pestanas privadas (navegación de incógnito):


Preme no enlace acceder á dereita da pantalla:



Preme no servizo de correo que empregues:



A primeira vez que accedas, o sistema pedirache permisos para identificarte. Só accederá ó teu nome, apelidos e enderezo de correo electrónico.

Para entrar na aula virtual as seguintes veces, o procedemento é o mesmo. Recorda avisar ó profesorado se cambias de correo electrónico.

Agora que estás rexistrado o teu nome aparece na parte superior dereita da pantalla:



Pincha nel e actualiza o teu perfil. Recorda que para que o profesorado te identifique debes usar o teu nome real. Non poñas outro tipo de información persoal (enderezo físico, número de teléfono, ...).


Unha vez rexistrado na aula virtual, tes que matricularte nas materias que curses e que imparta Antonio Lago. Para cada unha delas deberás entrar e matricularte:



A partir de agora podes interactuar co profesor e os teus compañeiros, dispós dun calendario e dunha libreta de cualificacións das tarefas enviadas a través da aula virtual.